30/06/2011

Festa Centro Galego de Londres

Onte, domingo 3 de xullo, o Centro Galego de Londres celebrou a súa tradicional festa. En homenaxe a todas e todos os galegos de Londres vaia este humilde vídeo.

22/06/2011

Xesús Fraga, en Londres: a entrevista

Grazas a fructífera colaboración co Centro de Estudos Galegos de Oxford e ao labor entusiasta de Laura, mañá poderá estar connosco Xesús Fraga, escritor galego nado na emigración británica, autor da coñecida A-Z. Daquela mañá teremos un plan perfecto...

20/06/2011

Manuel Rivas no British Museum, en galego: fragmentos marabillosos

Este sábado, 18 de xuño, fomos moitos/as os/as que tivemos a sorte de escoitar no British Museum a Manuel Rivas presentando en galego o seu último libro escrito en galego e traducido ao inglés. Un auténtico éxito da cultura galega en Londres. Escoitádeo aquí falando da nosa lingua panteísta e dos seus poderes comunicativos.



Tamén o escoitamos recitando en inglés e, por suposto, en galego, acompañado polo recitado dunha tradutora ao inglés. Máis de dúas horas de acto que se viu prolongado polas innumerables adicatorias que tivo que asinar. Parabéns.



E por último unha pequena reportaxe fotográfica do acto:

16/06/2011

Apadriñando libros doados por Xelis de Toro

Un dos agasallos máis fermosos a nosa biblioteca puido recibir foi unha boa morea de libros en galego da biblioteca persoal de Xelís de Toro. Trouxémolos dende Brighton onde mora e en Londres o alumnado de galego de Secundaria apadriñámolos ou amadriñámolos segundo o caso. Pareceunos unha fermosa maneira tamén de deixar a nosa pegada. Grazas mil Xelís.

14/06/2011

Globos cheos de ilusión e esperanza

Xa sabemos que non somos orixinais. Con todo, despois desta solta de globos en Londres, decoradas con palabras galegas, agardamos que algunha delas chegue aí, onde estades vós. Recollédeos coma un tesouro.

09/06/2011

Entrevistando en Londres a Diego Ameixeiras

Hoxe tivemos a fortuna de recibir a D. Ameixeiras que mantivo unha animada conversa connosco ao redor da súa experiencia profesional como guionista e escritor. Deixámosvos a entrevista de rigor e a súa recomendación literaria:

08/06/2011

Diego Ameixeiras, connosco en Londres

Mañá xoves 9 de xuño recibimos a Diego Ameixeiras. Despois de estar co estudantado galego de Oxford vai atreverse a ser sometido a un intenso interrogatorio polo alumnado do Cañada, tal que fosen Horacio Dopico.Ademais de xornalista e guionista de varias series da TVG, é un recoñecido escritor por obras como Tres segundos de memoria (Premio Xerais de Novela 2006), Dime algo sucio ou Asasinato no Consello Nacional (Premio Irmandade do libro ao mellor libro do 2010).

E se queredes saber máis, só tedes que ollar este vídeo que eleboraron Tamara e John de 6 de Primaria


07/06/2011

Estefanía Fernández, xornalista en Londres: en galego + entrevista

Mañá a aula 26 acollerá a presenza da xornalista luguesa Estefanía Fernández. Traballa para a empresa americana Tribune Media Services na venda de dereitos de reproduccion (syndication) de contidos editoriais, principalmente texto, pero tamen fotos, pasatempos, comics, etc. Dende Londres xestionan este tipo de vendas para Europa e Israel. Saberemos, por exemplo, por que The Times paga por un artigo de Manolo Rivas publicado en El País ou como poxan os xornais polos dereitos de reprodución dos artigos que lles interesan.
De seguido, a entrevista que lle fixemos e a recomendación literaria desta profesional. Non a perdades:

 

06/06/2011

Manuel Rivas, o 18 de xuño no British


O próximo 18 de xuño ás 11 da mañá na sala Stevenson Lecture Theatre do British Museum poderemos asistir a un acto no que Manuel Rivas presentará Os libros arden mal na súa versión inglesa, isto é, Books Burn Badly, dentro do programa World Literature Weekend. Para esta ocasión estará acompañado por Jonathan Dunne, traductor seu e de moitos textos literarios galegos ao inglés.
Daquela xuño promete ser un mes intenso para a litertura galega por estas terras pois tamén están a punto de desembarcar por Oxford e Londres, Diego Ameixeiras e Xesús Fraga. Parabenizámonos e manterémosvos informados.

Negra sombra: videocreación dende Londres

S. Añón, alumna de galego de 1º de Bach, do Cañada Blanch de Londres agasállanos con este vídeo elaborado a partir do ben coñecido poema de Rosalía de Castro. Agardamos que vos guste